![]() |
||
![]() |
Dende unha pequena aldea en plena natureza, en CASA SANTO ESTEVO só terás que abrir a porta para seguir o camiño que te levará por diversas rutas a través de bosques e viñedos. A Diomondi, a Belesar, camiñando, en bicicleta, no verán ou no outono, sempre será un pracer seguir calquer ruta en estos paraxes case vírxenes e cheos de serenidade.
|
CASA SANTO ESTEVO atópase perfectamente integrada nun entorno dominado por un magnífico souto de castiñeiros centenarios, que te introducirá na acolledora presencia dos nosos bosques autóctonos. A casa está ao lado da magnífica igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño, único vestixio do antigo mosteiro que alí existíu.
Estamos no corazón da Ribeira Sacra, un punto de partida ideal para calqueira das rutas que te aconsellaremos para coñecer a comarca a fondo. Se te atraen as vistas sobre o río, poderaste acercar a Belesar, a 6 km., para facer unha excursión fluvial en catamarán polo Miño.
|