CASA
SANTO ESTEVO é unha casa de aldea hospedería integrada na rede
de Aloxamentos de Turismo Rural de Galicia, comercializada pola sociedade
de promoción Turgalicia.
A casa está situada ao lado da igrexa
románica de Santo Estevo de Ribas de Miño.
Esta antiga casa de aldea
de principios de século, exemplo de arquitectura popular da zona, rehabilitouse
tratando de respetar ao máximo a sua fisonomía orixinal, conseguindo
un interior acolledor e con todas as comodidades para os nosos clientes.
A casa dispón de 6 habitacións
dobres con cuarto de baño independiente, con calefacción e completamente
equipadas. A casa é compartida, alugándose por habitacións e non
como casa completa.
Imáxenes
cedidas polo programa de TVE-2
"Desde Galicia para el Mundo"
Esta antiga casa de aldea
de principios de século, exemplo de arquitectura popular da zona,
rehabilitouse tratando de respetar ao máximo a sua fisonomía orixinal,
conseguindo un interior acolledor e con todas as comodidades para
os nosos clientes.
A casa dispón de 6
habitacións dobres con cuarto de baño independiente, con calefacción
e completamente equipadas. A casa é compartida, alugándose por
habitacións e non como casa completa.
Ampliaredes
as fotos pulsando sobre elas ......
Aproveitamos os diferentes
recunchos con encanto da casa para crear os distintos salóns de estar,
onde poderás descansar con plena tranquilidade.
No seu
comedor, poderás disfrutar nas túas ceas dos bos pratos e
dos excelentes viños da comarca xunto dunha tradicional lareira.
Ao comezar o día, propoñerémoste un
completo almorzo que axudarache na túa nova xornada de viaxe, de
lecer ou de excursións polos tesouros da Ribeira
Sacra, onde terás moito que
ver.
Ao redor da casa, poderás disfrutar
das espléndidas vistas das ladeiras en socalcos sobre o río Miño
desde a nosa finca particular, rodeados dun entorno privilexiado,
dominado pola espléndida presencia da igrexa de
Santo Estevo de Ribas de Miño
Cómo
vir a CASA SANTO ESTEVO é moi doado. A chegada á casa faise
ou ben a pé desde o adro da igrexa, ou ben en coche ata o pequeno
aparcamento habilitado na entrada.
Dispoñemos dunha habitación preparada
para minusválidos, salón con televisión dixital, e terraza exterior.