Volver ó inicio ...

Ribeira Sacra

Río Sil, Vilouxe By Ian Holliday

A Ribeira Sacra é a zona centrada nos tramos finais da confluencia dos ríos Miño y Sil, no interior de Galicia, entre as provincias de Lugo e Ourense. Estas terras, marcadas polas fondas depresións que os ríos forman ata o seu encontro en Os Peares, amosan un inigualable atractivo cultural e paisaxístico.

As paisaxes están caracterizadas por ladeiras moi encostadas que precipítanse sobre o río dende alturas de ata 500 m. Esta orografía favorece a existencia dunhas condicións climatolóxicas marcadas por altas temperaturas veraniegas e suaves no inverno, con baixas precipitacións, que diferencian este microclima case mediterráneo do clima oceánico habitual no resto de Galicia.

Eiquí floreceu de xeito especial a vida monástica dende a Alta Idade Media, agrupando a maior concentración de mosteiros e igrexas románicas de Galicia. A chegada, a partires do século VI, de eremitas que se afastaban da vida en sociedade para dedicarse á oración e o sacrificio, propiciou a posterior construcción de fundacións monacais que dende o século X, organizaron a vida relixiosa, económica e social da comarca e os seus redores. Mosteiros coma Santo Estevo de Ribas de Sil, Santa Cristina de Ribas de Sil, Santo Estevo de Ribas de Miño, San Vicente de Pombeiro, San Pedro de Rocas, Santa María de Montederramo, Xunqueira de Espadañedo, e innumerabeis igrexas e restos que atestiguan o atractivo destas terras para o retiro e a contemplación.

:

In Lugo ...

Monforte de Lemos

Sober

Pantón

O Saviñao

Chantada

Carballedo

Taboada

Portomarín

Paradela

Quiroga

Ribas de Sil

In Ourense ...

Nogueira de Ramuín

Pereiro de Aguiar

Esgos

Parada de Sil

A Teixeira

Castro Caldelas

Montederramo

Xunqueira de Espadañedo

Maceda

A Peroxa

1000 year old trees by Irene VerduinMinmosa Tree by Ian Holliday
view on Rio Mino by Ian Holliday

Os monxes, axudados polo clima benigno, melloraron e desenrolaron o cultivo da vide, xa coñecido desde os romanos, e que aquí resulta unha tradición centenaria na meirande parte das familias da ribeira. O sistema de cultivo en bancais, socalcos ou muras foi xerando unha lenta e progresiva 'humanización' da natureza na remodelación das vertentes, nas que os viñedos contémplanse hoxe absolutamente integrados nunha paisaxe, que tras o enorme esforzo realizado durante séculos, apreciámolo moito máis valioso.

A tranquilidade, o recollemento e o misterio da zona, que hai séculos foi motivo de illamento, hoxe permanece case intacto e supón un dos maiores valores da Ribeira Sacra, que hoxe amósasenos como a comarca con meirandes atractivos do interior de Galicia

Ven á 'Ribeira Sacra' ...  

Ven a Casa Santo Estevo ...